A Xunta prevé convocar 3.500 prazas na próxima OPE "se o Goberno elimina a taxa de reposición"

A Xunta prevé convocar 3.500 prazas na próxima OPE "se o Goberno elimina a taxa de reposición"
A Xunta prevé convocar 3.500 prazas na próxima OPE "se o Goberno elimina a taxa de reposición"

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou este sábado que, "se o Goberno central elimina a taxa de reposición", Galicia podería convocar ao redor de 3.500 prazas na próxima oferta pública de emprego (OPE), o que suporía a maior convocatoria realizada desde o ano 2001.

Segundo informou Almuiña, o plan é ofertar estas prazas correspondentes á OPE 2020 no primeiro trimestre deste ano. O Goberno galego insiste en que, para iso, sería necesario que o Executivo estatal eliminase a taxa de reposición --na última oferta Galicia puido convocar o 108% da taxa de reposición por cumprir o déficit--.

Almuiña fixo estas declaracións no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se desenvolve a primeira xornada de exames da OPE de 2019, que servirá para dar cobertura a 1.492 prazas.

Este sábado celébabranse as probas da primeira convocatoria que realiza o Sergas para as categorías de enfermaría especialista en enfermaría de familia e comunitaria, e en enfermaría especialista en pediatría. Galicia é a primeira das comunidades do Sistema Nacional de Saúde que realiza unhas oposicións para estas dúas categorías.

PRESENTADOS

Nesta xornada presentáronse 167 persoas das 191 inscritas para optar a unha destas 30 prazas de especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, o que supón unha participación do 87,43%.

En canto ás prazas de enfermaría especialista en pediatría, concorreron 164 persoas das 187 inscritas, para cubrir 18 prazas, cunha participación do 87,70%,

Tamén se celebran este sábado as probas para o acceso a 126 prazas de persoal de servizos xerais nas que se inscribiron 7.530 persoas. Delas, acudiron ao exame 4.736, o que supón unha participación do 62,90%.

Este domingo, ás 9,30 horas, están convocados os aspirantes das categorías de especialistas en enfermaría do traballo e enfermaría de saúde mental, ademais dos opositores que optan a cubrir as prazas de fisoterapeuta.

Durante os meses de febreiro e marzo vanse a celebrar os exames da fase de oposición para a cobertura de 1.492 prazas. 

Comentarios