O fortín xa ten a docena

O fortín xa ten a docena
O fortín xa ten a docena

Un solitario gol de Samu serviulle ao Compos para impoñerse ao Bergantiños e seguir mantendo o fortín intacto

Compos 1 0 Bergantiños


O Compos volvía ao seu fortín ca idea de manter a súa xeira de resultados e seguir sumando como líder de cara a fase de ascenso. Recibía a visita dun duro rival como o Bergantiños que non lle poría as cousas doadas. A primeira ocasión do partido tardaría en chegar e sería para a esedé cun disparo de Primo a porta baleira, ao que non lle imprimiu a forza suficiente e salvou Iago López na liña.

Non tardou en responder o conxunto visitante.  Yelco colleu o rexeite da zaga, pero o seu disparo, desde o interior da área, marchou pegado ao poste. No 36' volvería a intentalo o conxunto local cun centro de Samu nunha falta pegada á liña da área, que rematou arriba de cabeza Pablo Antas desde a área pequena.

A pesar das ocasións de ambos conxuntos, o marcador non se moveu no Vero Boquete de San Lázaro e co 0-0 chegábase ao descanso. 

Xa no segundo tempo chegaría o gol da esedé. Xogada de estratexia desde o córner: sacou en curto Samu, Bicho fixo o dous para un e deixouna de novo para o mediocentro que, de primeiras, mandou un chut potente que se coou polo primeiro pau .

Pouco despois de abrir a lata dos goles animouse o equipo local que logrou facer o segundo pero foi anulado. Pase filtrado de Bicho para Miki, que o extremo definiu ao fondo da rede, pero o liña levantou a bandeirola decretando a posición antiregulamentaria. Quería o Compos ampliar a súa renda e a piques etivo de facer o segundo Brais Abelenda. Menuda acción de fantasía de Miki pola banda, cun autopase precioso, pero o seu centro potente estrelouno, consecutivamente, contra un defensa e o lateral da rede o dianteiro de Bembibre.

A chuvia da ocasións branquiazuis era unha constante. Primeriro, balón de Primo que sacan entre Canedo e o pau. O cántabro foise pola liña de fondo, pero entre o ferro e o porteiro despexaron o esférico. Pouco despois, conectou Brais Abelenda con Bicho, o mediapunta controlou e puxo un taconazo incrible para Miki, pero o lóstrego de Nigrán atopou co pé salvador de Aarón para evitar o tanto.

Nos minutos finales volvíao a intentar a esedé. Púxoa Primo ao segundo pau e tentou a chilena Hugo Sanmartín, pero fóiselle arriba o seu intento. Canedo no último suspiro evitaba o segundo. O partido consumía os seus últimos minutos e un novo triunfo como local, o 12, estaba cada vez más preto . E así foi. O fortín segue inexpujnble e o Compos continúa o seu camiño ao ascenso. 

Ficha técnica
Compos:  Pato; Saro, Álvaro Casas (C), Soto, Jimmy; Samu, Pablo Antas; Miki (Hugo Sanmartín, min 78), Bicho (Josiño, min 84), Brais Abelenda; e Primo
Bergantiños: Santi, Vela (Klak, min 82), Aarón, Iago López, Agulló, Toni (Antonio, min 66): Yelco, Remeseiro, Rivera (Duque, min 61), Cabanillas y Jorge Cano
Goles:  1-0, min 54: Samu
Árbitro: David Pereira Ferreiro. Amonestó a Primo (min 30), Toni (min 46), Soto (min 50), PAblo Antas (min 72), Cano (min 82), Klak (min 89) , Lemos (min 90) e Hugo Sanmartín (min 91)
Incidencias: Partido correspondiente a la vigésimo tercera jornada del grupo I de Tercera División  disputado en el Vero Boquete de San Lázaro
 
Comentarios