Alerta laranxa para este luns en todo o litoral por forte ondada

Alerta laranxa para este luns en todo o litoral por forte ondada
Alerta laranxa para este luns en todo o litoral por forte ondada

A Consellería de Medio Ambiente, a través de Meteogalicia, activou a alerta laranxa por forte ondada desde esta mesma madrugada de luns en todo o litoral galego, con gran intensidade na Costa da Morte e na zona Coruña Noroeste.

Mentres que na Mariña e nas Rías Baixas non se espera que o mar de fondo supere os 5 metros ata as 09,00 horas da mañá, a situación será máis drástica no resto de Galicia.

Esta situación deriva dunha borrasca moi profunda situada ao noroeste de Irlanda, que propiciará unha situación complicada no mar con ondas de ata 7 metros de alto en todo o litoral desde as 09,00 horas da mañá.

En canto aos ventos, espéranse refachos moderados en xeral e fortes no litoral Norte, aínda que non está activado ningún aviso por este factor para a xornada do luns.


Comentarios
Lo más