​O Victoria FC arañou un empate na súa visita ó CD Oceja

​O Victoria FC arañou un empate na súa visita ó CD Oceja
​O Victoria FC arañou un empate na súa visita ó CD Oceja

O Victoria FC arañou un empate da súa visita ó CD Oceja (2-2) que lle permite manterse na terceira posición da clasificación na 1.ª Nacional Femenina ó aproveitar a derrota do Deportivo B ante o Oviedo Moderno B (agora cuarto) por 3-1 nunha xornada no que tamén cedeu puntos ó líder Viajes Interrías ante o Sporting B (2-2).

O encontro disputado en Santillana del Mar resultou tan complicado como apuntaba na previa ó adestrador santiagués Chivi García, que unha semana máis afrontou a cita coas baixas de Carmen, Carlita, Choren e Noelia Moure. 

Unha mala saída, con erros moi graves nos primeiros minutos, obrigou ó cadro ‘rojillo’ á remontada pois abriu o marcador o Oceja no minuto 2 cun tanto de  Soraya. Apenas 19 minutos despois, o Victoria FC recibiu un segundo castigo ó aproveitar Sofía unha pena máxima (2-0, min. 31). “Este resultados puxo moi costa arriba ó encontro e derivou nun tramo de moita ansiedade, precipitación e malas decisións das nosas xogadoras que non foron quen de manexar ós tempos do partido”, analiza o técnico compostelán. 

O paso polos vestiarios fixo reaccionar ó cadro santiagués que amosou unha faciana moi diferente. O Victoria FC sacou garra e viuse que o plantel  quería loitar ata o final. Sen balón roubaba moi rápido e con balón xeraba moitas ocasións, ainda que non tiñan o premio do gol.

Houbo que agardar ata o minuto 59 para que, tras un córner, Marta lograse batir á meta do Oceja cun gran remate de cabeza. Non se conformou o cadro visitante e xa no 90, Inés Villanueva, nun lanzamento de falta lonxano, empataba un encontro que se puxera tan costa arriba nos primeiros 45 minutos.

“Non puidemos recortarlle puntos ó líder que segue a 8 antes da próxima xornada, cando o  recibimos no noso campo de Santa Isabel, pero sí ó Dépor, que cae á quinta posición cun Oviedo que nos iguala a puntos. A Liga ponse moi interesante”, resume Chivi García.

Comentarios