Novo fin de semana de victoria para Peleteiro Hyupersa e Peleteiro Frutas Barreiro

Novo fin de semana de victoria para Peleteiro Hyupersa e Peleteiro Frutas Barreiro
Novo fin de semana de victoria para Peleteiro Hyupersa e Peleteiro Frutas Barreiro

Os equipos senior de Peleterio, masculino e feminino, voveron a sumar un triunfo esta find e semana

Gran vitoria do masculino cimentada desde a defensa de todo o equipo, tanto a nivel individual coma colectivo, para acadar unha importante nos sempre complicados derbis contra Cía. 

No primeiro e no segundo cuarto estiveron moi sólidos en defensa e non deixaban aos de Compañía xogar con fluídez. En ataque non estaban moi finos, con algunhas precipitacións pero con boas  circulacións de balón e a anotación de Fer chegabaron ao descanso con 10 puntos de ventaxa., 29-19.

Tras o descanso a defensa continuaba sendo boa, e a pesar de varias perdas de balón, se soltaban máis en ataque alcanzando unha vantaxe de 14 puntos. No último cuarto con varios roubos de balón collíamos unha renda de 20 puntos rachando o partido. Os visitantes víanse desbordados ante o  ataque de Peleteiro no que sempre atopaban bos tiros e entraba todo, en especial Raviña desatado na anotación. Conseguindo un parcial definitivo de 27-09.

Para a vindeira semana volven  a Montouto (sábado ás 20:00) para disputar un partido ante o que foi líder do outro grupo cunha soa derrota, o PBB Aislux Galicia, e que nos exisirá un gran traballo para deixar a vitoria na casa.

Pola súa parte, ca clasificacion asegurada Peleteiro Hyupersa rendía visita ai BBCA, en Ferrol. A clasificacion para o grupo polo titulo estaba asegurada antes do partido e a victoria proporcionou osegundo posto, mentras espera ao Ensino para disputar o primeiro posto na xornada final del grupo Norte.

O partido empezou moi disputado, o acerto no tiro de tres puntos mantivo ao BBCA na alternancia do marcador no primeiro cuarto pero xa no segundo Peleteiro Hyupersa foise adiantando gracias ao xogo  interior e ao dominio do contraataque. BBCA se empleaba en defensa con moita intensidade, con boas axudas e defendendo con acerto e intensidade. Pero no terceiro cuarto a superioridade de Peleteiro Hyupersa, foi decantando el marcador cun parcial de 7 a 23 e abriu una brecha xa insalvable. 

No  último cuarto, co partido roto, solo sirveu para que Peleteiro Hyupersa se recreara en xogadas vistosas de contraataque e conseguir así una victoria que lle garantiza, a falta dunha xornada, o segundo posto, mentras espera ao Ensino .

Comentarios