Os bombeiros incorporan dous novos vehículos auxiliares

Os bombeiros incorporan dous novos vehículos auxiliares
Os bombeiros incorporan dous novos vehículos auxiliares

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Manuel Sanmartín, presentaron na praza do Obradoiro os dous novos vehículos adquiridos para o Servizo de Extinción de Incendios. Son un todoterreo e unha furgoneta que facilitarán unha rápida e primeira intervención en determinadas emerxencias.

Estes dous vehículos veñen a substituír a outros cunha antigüidade de entre 29 e 24 anos e supuxeron un investimento de preto de 100.000 euros. Tal como explicou Manuel Sanmartín, o primeiro deles é un vehículo auxiliar todoterreo que facilitará a primeira intervención. Está preparado para transportar ata 5 persoas e materiais. O outro automóbil é unha furgoneta de transporte de persoas (ata 7, se ben inicialmente está preparado para 5 persoas) e carga. Está equipado cun panel de sinalización de emerxencia.

O responsable dos Bombeiros de Santiago destacou que estes dous vehículos incorporan a última tecnoloxía en materia de seguridade. Ademais, dixo, están dotados de equipos propios para unha primeira intervención (material de excarceración, extinción, apertura de portas...), que facilitarán unha maior rapidez nas actuacións e o traballo posterior das unidades de Bombeiros.

1581339676DSC00458


Renovación doutros tres vehículos 

Na Xunta de Goberno celebrada este luns tamén se adxudicou o servizo de arranxo de tres vehículos do Servizo de Extinción de Incendios, por importe de 95.418 euros (IVE incluído). Esta renovación permitirá incorporar nestes vehículos novos dispositivos de emerxencias e de seguridade. 

Comentarios