A Asociación Área Empresarial do Tambre e o Real Aeroclub de Santiago asinan un convenio para mellorar os servizos que ofrecen aos seus asociados

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e o Real Aeroclub de Santiago asinaron un convenio de colaboración para mellorar os servizos que ambas entidades ofrecen aos seus asociados. O acordo foi subscrito polos presidentes de ambas entidades, José Fernández Alborés e Celso Barrios Ceide.

O convenio, dun ano de vixencia, persegue dous obxectivos fundamentas. O primeiro deles é poñer en coñecemento dos asociados do Tambre os cursos de iniciación ao deporte ofrecido polo Aeroclub. Serán cursos gratuítos de iniciación ao golf, pádel e ao tenis, incluíndo nas actividades todo o material deportivo, as saídas ao campo con profesionais, fichas técnicas personalizadas e unha avaliación final das clases.

O segundo propósito do acordo é establecer unha colaboración que sirva para impulsar e promocionar actuacións encamiñadas a mellorar a actividade e cooperación empresarial, a información e formación, dentro dos servizos e competencias de ambas entidades.

Ademais, colaborarán na organización de xornadas, talleres ou outras accións formativas e informativas que acorden mutuamente e que se celebrarán nas instalacións da Asociación, que tamén promoverá a participación dos seus asociados nos diferentes eventos organizados.

Finalmente, o convenio establece que os membros do Aeroclub poderán usar as instalacións do Centro Empresarial do Tambre nas mesmas condicións que os asociados da entidade empresarial. 

Comentarios
Lo más