O trompetista galego Manuel Davila formará novos músicos en Compostela

O trompetista galego Manuel Davila formará novos músicos en Compostela
O trompetista galego Manuel Davila formará novos músicos en Compostela

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos

No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Ademais de alumnos da Escola, tamén poden asistir a estas sesións músicos externos ao centro.

A vindeira semana contarase coa presenza do trompetista pontevedrés Manuel Davila. Serán os días 20 (en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas) e 21 de febreiro (de 10:00 a 12:00 horas). Os músicos que desexen participar nestas sesións poderán matricularse a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Os aspirantes deben estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

Un xove músico galego formado en Alemaña


Manuel Davila Ares nace na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo en 1990. Dá os seus primeros pasos no eido da música na Banda Bellas Artes de Cangas. Despois de estudar a especialidade de trompeta no Conservatorio Profesional de Vigo, pasa a ser alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, en Santiago de Compostela. En 2012 remata os seus estudos no Centro Superior de Música del País Vasco -Musikene-, obtendo matrícula de honra.

Realiza o seu Máster na Universidade de Música de Karlsruhe (Alemaña), co prestixioso solista internacional Reinhold Friedrich. Colabora con importantes orquestras e formacións en Alemaña, España, Italia ou Holanda como a Filharmónica de Stuttgart, Orquesta Nacional de España, Real Filharmonía de Galicia, Residentie Orkest La Haya ou a Royal Concertgebouw Orchestra (Holanda). Dende 2017 é trompeta solista da orquestra holandesa Noord Nederlands Orkest.

Comentarios
Lo más