O Noia Portus Apostoli pon en marcha unha campaña para achegar os valores do deporte a máis de 3.000 nenos/as

O Noia Portus Apostoli pon en marcha unha campaña para achegar os valores do deporte a máis de 3.000 nenos/as
O Noia Portus Apostoli pon en marcha unha campaña para achegar os valores do deporte a máis de 3.000 nenos/as

A iniciativa, que comezou esta semana no colexio Jaime Balmes de Noia, desenvolverase ata maio en 20 centros escolares de Noia, Ribeira, Porto do Son, Barbanza e Mazaricos, entre outros

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do colexio Jaime Balmes de Noia asistiu esta semana á presentación e primeira sesión de “O Noia Portus Apostoli na Escola”, unha iniciativa posta en marcha polo departamento de Área Social do club noiés e que busca achegar os valores do deporte a máis de 3.000 nenos e nenas de Noia e a súa contorna. De feito, o alumnado de 1º e 2º da ESO do Jaime Balmes tamén participou hoxe nesta campaña.

Unha iniciativa que foi presentada por Javier Barreiro, director xeral do Noia Portus Apostoli; acompañado por Laura Salgado e Mariola López, concelleiras de Deportes e de Ensino do Concello de Noia e polos adestradores e gran parte da plantilla de xogadores do equipo. Javier Barreiro explicou que “es una campaña que tomamos con mucha satisfacción porque desde hoy en el Jaime Balmes y hasta mayo estaremos en 20 centros escolares de Noia y comarca: Ribeira, Porto do Son, Barbanza, Mazaricos... y tenemos previsto llegar a 3.000 niños y niñas en los próximos 3 o 4 meses”.

Barreiro sinalou que esta campaña “es una manera de mostrarnos a los niños y niñas, de acercarles a nuestro deporte, el fútbol sala, y ver cómo es la forma de trabajar del equipo, conocer a los jugadores... y después transmitir todo lo que engloban los valores del deporte”. Un punto no que incidiu Laura Salgado, quen salientou que “máis aló do benestar que o deporte produce na saúde, o deporte tamén é unha ferramenta para a educación porque fomenta valores de forma sinxela e divertida”. Así mesmo, destacou que estas sesións amosarán  “o traballo moi duro feito nos últimos tempos e que tamén se recolle o froito do esforzo”.

Na mesma liña se amosou Mariola López Cierto, quen apuntou que “ensino e deporte están unidos porque o deporte, tanto individual como en equipo, nos ensina valores como o compañeirismo, a disciplina... que sen o deporte nos custaría moito acadar”. Ademais de salientar a importante presenza feminina entre o alumnado e a disponibilidade que teñen de practicar distintos deportes, a concelleira de Ensino destacou que o Noia Fútbol Sala é un exemplo de que “non é doado pero o traballo ben feito e o esforzo sempre teñen a súa recompensa”.

Comentarios
Lo más