Gonzalo Muíños reúnese con Protección Civil de cara ao Xacobeo

Gonzalo Muíños reúnese con Protección Civil de cara ao Xacobeo
Gonzalo Muíños reúnese con Protección Civil de cara ao Xacobeo

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, reuniuse este xoves, na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, co director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; e co subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandes. O obxectivo do encontro é lograr unha mellor optimización dos recursos humanos e materiais con vistas ao Ano Santo.

A continuación visitaron a sede da entidade, situada no Estadio de San Lázaro. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago naceu en marzo de 1996. No Ano Santo de 2021 celebrará o seu 25 aniversario. Está formada por arredor de 50 voluntarios e voluntarias de todas as idades, dende os 18 ata os 60 anos.

Protección Civil de Santiago
Os/as voluntarios/as da Agrupación proporcionan protección e asistencia ante calquera tipo de evento, accidente ou catástrofe, así como a salvagarda dos bens materiais do e do medio ambiente.

A súa principal actividade é a asistencia no Camiño de Santiago, o seu acondicionamento e a atención ao peregrino no seu percorrido, chegando agora ata o Concello do Pino, e atendendo todos os Camiños que rematan en Compostela, e tamén o único que sae da cidade cara Fisterra.

Destaca tamén a súa presenza en todo tipo de actividades culturais, deportivas e relixiosas nas que proporcionan unha maior seguridade a todas as persoas asistentes. Tamén axudan a calquera persoa, empresa ou servizo que solicita a súa asistencia. Un exemplo disto son os numerosos simulacros nos que participan e a amplísima formación que imparten en institucións educativas, mediante as que informan sobre datos do Camiño sobre a autoprotección, primeiros auxilios e RCP, etc. 

Comentarios