A chuvia dará unha tregua o día dos namorados

A chuvia dará unha tregua o día dos namorados
A chuvia dará unha tregua o día dos namorados

En Compostela as temperaturas oscilarán entre os 11 e os 14 graos

O venres volveremos a ter circulación do suroeste que achegará moita humidade nas comarcas atlánticas. Así, teremos ceos con nubes e claros no leste da Comunidade e un aumento da nubosidade canto máis ao oeste, con posibilidade de orballos na fachada atlántica.

As temperaturas seguirán sen cambios significativos, con lixeiro descenso das mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur.

En Compostela o día amanecerá con chuvias que se irán disipando dando paso a unha xornada de ceos con nubes e claros pero sen auga. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.



Comentarios
Lo más