As eleccións do 5A en cifras

As eleccións do 5A en cifras
As eleccións do 5A en cifras

Case 2,7 millóns de persoas están chamadas a votar en Galicia, 72.964 por primeira vez nunhas autonómicas.

Un total de 2.699.876 persoas están chamadas a votar nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o 5 de abril. Delas, 72.964 poderano facer por primeira vez nuns comicios autonómicos.

Son os datos que se desprenden do censo electoral actualizado este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), e dos que se desprende tamén que 2.237.062 persoas son electores residentes en Galicia e 462.443 viven no estranxeiro.

Os electores residentes no estranxeiro que desexen votar deberán solicitar o seu voto á delegación provincial da Oficina do Censo Electoral (OCE) correspondente á súa inscrición ata o 7 de marzo. 

Comentarios