A Xunta de Goberno aproba este luns uns orzamentos que se someterán a votación o día 2 de marzo

A Xunta de Goberno aproba este luns uns orzamentos que se someterán a votación o día 2 de marzo
A Xunta de Goberno aproba este luns uns orzamentos que se someterán a votación o día 2 de marzo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o proxecto de orzamento municipal será levado a unha Xunta de Goberno Local extraordinaria prevista para o vindeiro luns, 17 de febreiro, ás 10:30 horas. De acordo cos prazos legais previstos, sinalou, o documento someteríase ao ditame da comisión informativa de Facenda o 26 de febreiro e levado para a súa aprobación inicial a un pleno extraordinario o 2 de marzo.

Sánchez Bugallo resaltou que esta aprobación permitirá "licitar toda unha serie de proxectos urxentes, como o da Concheiros ou Altiboia". Neste sentido, anunciou que se utilizará a figura da anticipación do gasto para sacar adiante estes proxectos xa, en paralelo á propia tramitación orzamentaria, que aínda requirirá a aprobación plenaria inicial, a exposición pública e a aprobación definitiva.

Tras a aprobación pola Xunta de Goberno, todos os grupos municipais disporán do documento definitivo de orzamentos. Logrado o acordo con Compostela Aberta para "facilitar" a aprobación das contas, e "sen prexuízo de que teñamos os votos para sacalas adiante", o alcalde demandou do resto de grupos que tamén "facilite a aprobación" dun orzamento que, de non saír adiante, tería provocado unha situación de "prexuízos notables para Santiago".

Concello emprendedor
O alcalde aproveitou tamén a rolda de prensa para mostrar a súa satisfacción pola comunicación por parte da Xunta de Galicia da certificación de Santiago de Compostela como concello emprendedor. "Isto permitiranos que en convocatorias de programas empresariais ou de emprego se nos outorguen 15 puntos máis", explicou. 
Comentarios