O teatro, a ópera e as bibliotecas son as opcións culturais que menos interesan aos galegos

O teatro, a ópera e as bibliotecas son as opcións culturais que menos interesan aos galegos
O teatro, a ópera e as bibliotecas son as opcións culturais que menos interesan aos galegos

O Observatorio de Cultura Galega presenta un informe sobre as tendencias de consumo dos cidadáns en Galicia neste sector.

O teatro, a ópera e as bibliotecas atópanse á cola dos intereses e hábitos culturais dos galegos, ou polo menos trátase dunha das conclusións que plasma o último documento de traballo do Observatorio de Cultura Galega, sobre as tendencias de consumo dos cidadáns en Galicia neste sector.

A enquisa desvela que a música é o tipo de contido que máis interesa aos galegos, seguido dos contidos audiovisuais, a lectura e o cinema. Estes produtos lograron unha cualificación de 6 ou superior no estudo do Consello da Cultura Galega.

A eles séguenlle as visitas a museos ou a xacementos arqueolóxicos e exposicións, cun 4,6 e 4,4, respectivamente, ademais das galerías de arte, o circo, o ballet e a visita a monumentos. Pechan a táboa o teatro e a ópera e as bibliotecas, cunha puntuación inferior ao 3.

A maioría dos enquisados explican as súas condutas na falta de tempo ou de interese á hora de optar por unha ou outra alternativa, ou para xustificar a ausencia de consumo de cultura.

O 30,8 por cento non vai nunca a un museo e os que non len aseguran non ter tempo (o 52%) ou que non lle gusta (o 19,2%), a pesar de que o interese xeral pola lectura aumenta en maior medida que no conxunto do Estado.

De feito, nove de cada 10 fogares dispoñen de libros e o informe destaca o importante crecemento do formato dixital e a súa influencia en paralelo no incremento dos hábitos de lectura.

Doutra banda, a falta de interese é o argumento principal esgrimido por quen non asisten a funcións de teatro, espectáculos de ópera, zarzuela, danza ou circo, mentres que as cifras constatan a recuperación do hábito de ir ao cinema, "moi lastrado durante os anos da crise" económica.

O 15,7 por cento de enquisados asegura, tamén, ver películas diariamente e as 22,2% series, e case a cuarta parte da poboación está subscrita a plataformas dixitais de pago.

O documento do CCG, elaborado con datos do Ministerio de Cultura e Deporte, revela á súa vez a correlación do peso do exemplo familiar para fomentar este tipo de hábitos na infancia, posto que "dous terzos da poboación galega que le tiña nais e pais lectores", entre outras.

Comentarios
Lo más