Reunión do alcalde co presidente da Fegamp

Reunión do alcalde co presidente da Fegamp
Reunión do alcalde co presidente da Fegamp

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela. Foi a primeira visita deste ao Pazo de Raxoi tras a súa elección como titular da Fegamp o pasado mes de novembro, e unha oportunidade para repasar asuntos que preocupan aos concellos como o financiamento ou a asunción de competencias impropias.

Xosé Sánchez Bugallo mostrouse "encantado" por recibir o presidente da Fegamp, alcalde tamén dun concello como o de Vilagarcía de Arousa "tan vencellado a Santiago". Ademais, defendeu o papel dos concellos como "as institucións públicas que demostramos máis capacidade para capear a crise e facer fronte ás súas consecuencias".

Pola súa parte, Alberto Varela agradeceu a "calurosa acollida" do alcalde a disposición a colaborar do Concello de Santiago. Tamén fixo un repaso dos temas tratados na xuntanza, indicando que "chegou o momento de dicir basta" á asunción de competencias polos concellos que non lle corresponden. Puxo como exemplo o mantemento dos centros educativos ou o prezo pagado polos concellos nos servizos de axuda a domicilio.

A propósito do Xacobeo 2021, o presidente da Fegamp cualificouno como un "reto ilusionante" no que Santiago exercerá de "locomotora" para o resto de concellos de Galicia, polo que demandou a implicación do resto de Administracións. 
Comentarios