Homenaxeados 146 xubilados o ano pasado na área sanitaria de Compostela

Homenaxeados 146 xubilados o ano pasado na área sanitaria de Compostela
Homenaxeados 146 xubilados o ano pasado na área sanitaria de Compostela

O acto estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que ao igual que a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez Masid, agradeceulle aos profesionais xubilados o traballo e a entrega a prol da saúde de todos os galegos

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza homenaxeou hoxe aos 146 traballadores que se xubilaron o ano pasado nalgún centro da área compostelá. Deles, 85 son persoal de enfermería (enfermeiras e auxiliares de enfermería); 23 facultativos, e os demais son profesionais non sanitarios: celadores, persoal administrativo, traballo social, pinche, mecánicos....

A homenaxe que xuntou ao persoal xubilado no 2019 con familiares, amigos e profesionais dos hospitais e dos distintos centros de saúde da área celebrouse esta mañá na Aula Magna do edificio Novoa Santos, anexo ao Hospital Clínico, e estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado pola xerente da Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez e polo vicereitor da Facultade de Medicina José Carreira.

Todos os membros da mesa agradeceron o traballo realizado a todos os xubilados e destacaron o principal valor do sistema sanitario son os seus profesionais.

En nome do persoal xubilado falou José Miguel Couselo, pediatra da unidade de Oncoloxía Pediátrica, quen reivindicou o labor dos traballadores da sanidade pública ao tempo que fixo un percorrido polos grandes cambios experimentados na atención sanitaria en todos os seus anos de desenvolvemento profesional.

Como invitado acudiu Xosé Antonio Touriñan, humorista e actor quen abriu o acto facendo rir a todos os asistentes e lles agradeceu así mesmo todo o que teñen feito pola sociedade no desenvolvemento do seu traballo.

Comentarios
Lo más