Activada para este domingo a alerta laranxa por temporal costeiro en Galicia

Activada para este domingo a alerta laranxa por temporal costeiro en Galicia
Activada para este domingo a alerta laranxa por temporal costeiro en Galicia

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa a alerta laranxa para este domingo debido ao temporal costeiro que afectará a todo o litoral de Galicia. 

A Comunidade estará baixo a influencia dunha profunda borrasca que deixará ventos de ata 100 quilómetros por hora na Mariña lucense e refachos de ata 80 quilómetros por hora no interior do territorio.

Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) amplía a alerta laranxa polo mar combinado do oeste-noroeste con ondas que poderán alcanzar os 6 metros de altura desde primeira hora da mañá e os 8 ao longo da xornada.

O vento empezará a pegar forte a partir do nove da mañá, espéranse refachos de forza oito no litoral e ata de 80 quilómetros por hora no interior.

Ante estas circunstancias, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa en xeral, tamén recomenda que se extremen as precaucións e as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar. 

Comentarios
Lo más