Galicia é unha das comunidades máis seguras do Estado

Galicia é unha das comunidades máis seguras do Estado
Galicia é unha das comunidades máis seguras do Estado

O índice de criminalidade de España duplica ao de Galicia. Delegación do Goberno e Policía coinciden en centrar esforzos en combater os delitos sexuais e estafas.

O delegado de Goberno, Javier Losada, e o novo xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balserio, coincidiron en fixar como prioridades de acción a loita contra os delitos sexuais e a liberdade sexual así como contra as estafas.

Así mesmo, destacaron o descenso no número de furtos e de roubos con forza e intimidación e, xunto cos comisarios provinciais das principais cidades galegas, analizaron as liñas de actuación prioritarias para que Galicia siga sendo unha das comunidades autónomas máis seguras.

En concreto, a comunidade autónoma sitúase como a cuarta máis segura de España cunha taxa de criminalidade de 29,9 infraccións penais por 1.000 habitantes fronte ás 46,7 da media estatal.

No entanto, Javier Losada pediu aos responsables policiais que manteñan "con igual ou maior intensidade" o seu compromiso cos galegos e sinalou que a loita contra a violencia machista é un dos "obxectivos prioritarios" do Goberno xunto coa redución da taxa de criminalidade e aumentar o índice de efectividade policial.

Por outra banda, Losada lembrou que a próxima celebración do Xacobeo contará cun amplo dispositivo policial para garantir a súa seguridade. 

Comentarios
Lo más