Domingo de chuvia en Compostela

Domingo de chuvia en Compostela
Domingo de chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 14 graos

O domingo Galicia quedará na influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas que deixará ventos fortes de compoñente sur e enviará unha fronte co avance do día. Así, durante a mañá os ceos estarán alternando nubes e claros, con aumento das nubes á tarde e chuvias que comezarán pola franxa atlántica e que cara á noite chegarán a toda a Comunidade. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios. O vento soprará forte de compoñente sur, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.

En Compostela prevense ceos con nubes e claros, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o domingo durante todo o día. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán notablemente e máximas que descenderán lixeiramente. Vento forte do Sudoeste o domingo pola mañá.


Comentarios
Lo más