O PP presentará unha moción para que se aprobe o novo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2019-2022

O PP presentará unha moción para que se aprobe o novo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2019-2022
O PP presentará unha moción para que se aprobe o novo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2019-2022


Na moción, os Populares tamén propoñen instar ao Goberno Municipal a levar a cabo accións para poñer en valor e dar a coñecer ás mulleres referentes galegas que son líderes nos seus respectivos sectores, para que rapazas e rapaces teñan referentes femininos, como por exemplo na ciencia e na tecnoloxía

O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno Ordinario unha moción con motivo do 8 de marzo, na que se propón ao Goberno local instar ao Goberno do Estado a que aprobe o novo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2019-2022, que será tamén un instrumento para dar cumprimento á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.

Os Populares tamén consideran que o Executivo central debe promover un Plan contra a fenda salarial en España e impulsar a efectividade do principio de igualdade de remuneración por razón de sexo; promover un Pacto Nacional para a Conciliación Laboral e a Racionalización de Horarios, para  favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar e desenvolver unha Estratexia Nacional para impulsar as vocacións  STEM entre as alumnas, que inclúa entre outros aspectos: e impulse ás materias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) na educación e programas de formación do profesorado para a mellora na aprendizaxe destas materias. Ademais de poñer en marcha iniciativas para a formación de mulleres en habilidades STEM na contorna rural, mellorando a súa formación no ámbito dixital, o acceso ás novas tecnoloxías e o uso das redes sociais.

Así mesmo, o Grupo Popular solicita ao Goberno local que inste á Xunta de Galicia a, dentro das competencias da Comunidade Autónoma, levar a cabo as accións necesarias para conseguir como obxectivo fundamental a igualdade retributiva das mulleres en todos os ámbitos (tecnolóxico, cultural, deportivo, etc…); que elabore un Programa para o fomento das vocacións STEM entre  as nenas e  mozas para pechar a  fenda de  xénero  nestes estudos e incrementar a presenza da  muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia.

Ademais de fomentar e incrementar os programas de alfabetización dixital das mulleres maiores e, especialmente, daquelas que vivan no medio rural, co obxecto de mellorar o manexo e as súas habilidades no uso das novas  tecnoloxías.

Na moción, os Populares tamén propoñen instar ao Goberno Municipal a levar a cabo accións para poñer en valor e dar a coñecer ás mulleres referentes galegas que son líderes nos seus respectivos sectores, para que rapazas e rapaces teñan referentes femininos, como por exemplo na ciencia e na tecnoloxía.

Comentarios
Lo más