Xornada de transición en Compostela

Xornada de transición en Compostela
Xornada de transición en Compostela

As temperaturas oscilarán enter os 7 e os 13 graos en Compostela

Logo do paso da fronte durante a madrugada, o luns quedaremos nunha situación transitoria cara á influencia anticiclónica da que gozaremos os seguintes días. Deste xeito, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais. 

As temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados no litoral, con intervalos fortes na costa norte e frouxos no resto.

En Compostela, haberá posibilidade de chuvias nas primeiras horas nun día de ceos pouco anubrados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán notablemente e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios
Lo más