Adxudicada a obra de reurbanización da rúa Clara Campoamor

Adxudicada a obra de reurbanización da rúa Clara Campoamor
Adxudicada a obra de reurbanización da rúa Clara Campoamor

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación da devandita obra, segundo anunciou o rexedor compostelán na rolda de prensa posterior á sesión ordinaria, onde tamén deu conta dos restantes acordos adoptados.

O contrato foi adxudicado á empresa Acciona Infraestructuras SA por un importe de 1.155.192, 13 euros máis IVE (242.590,35 euros). Segundo indicou Sánchez Bugallo, "o obxectivo é que a obra comece a primeira semana de marzo, ou antes se se pode" e estea rematada para o 1 de agosto.

Tamén no apartado de obras, aprobouse o proxecto de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Santiago-A Coruña para uso como vía verde. O contrato para a adaptación da vía no termo de Santiago de Compostela contará cun orzamento máximo de licitación de 1.318.483,33 euros máis IVE e un prazo de execución dun ano 

Comentarios
Lo más