Un libro analiza os 800 anos de historia de Bonaval

Un libro analiza os 800 anos de historia de Bonaval
Un libro analiza os 800 anos de historia de Bonaval

Foi presentado no Museo do Pobo Galego

O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións sacan á luz Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura á cidade, unha publicación escrita polos arquitectos Celestino García Braña, Xerardo Estévez Fernández e Adrián Alonso Lorenzo, e a historiadora e museóloga María Xosé Fernández Cerviño. Preséntouse es martes, ás 19:30 horas, no Museo do Pobo Galego. No acto estiveron, ademais dos autores, varios representantes do Consorcio de Santiago; ademais do director de Teófilo Comunicación, José Luis Teófilo.

O libro ten como precedente o Plan Director do Conxunto de San Domingos de Bonaval, encargado polo Consorcio de Santiago. Tal como explican os autores, “aquel traballo levou aparellado un proceso de investigación e estudo exhaustivo do complexo construído, da súa realidade física e posibilidades de adaptación a novos requirimentos funcionais”.

Comentarios
Lo más