O Club de Atletismo Millaraio acumula medallas

O Club de Atletismo Millaraio acumula medallas
O Club de Atletismo Millaraio acumula medallas

Os rapaces e rapazas do Club Atletismo Millaraio participaron no Campionato de Galicia sub18 en pista cuberta, celebrado na Coruña, no que obtiveron tres medallas de prata e dous bronces. Tamén acudiron ao Campionato de Galicia de lanzamentos de inverno sub16-sub18, en Vilagarcía de Arousa, onde conseguiron unha medalla de bronce. 

As medallas de prata conseguidas no Campionato de Galicia sub18 en pista cuberta foron para Manuela Raviña (7.00) e Antón Riveiro (6.27) en 50 metros lisos; e Pablo Díaz en 1.500 metros (4:31.83). As medallas de bronce conseguíronas Carla Pérez (1:02.49) en 400 metros, e Mateo Aller (5,92m) en salto de lonxitude. No campionato de lanzamentos, Daniel Cariñena foi bronce no lanzamento de disco sub16 (31,82 metros).

Ademais, no campionato de pista cuberta, Laura Barbazán foi cuarta en 50 metros valos e Mateo Aller quinto, conseguindo nas semifinais con 7.53 a marca mínima para o Campionato de España. Uxía Rey e Diego Liñares chegaron ás semifinais en 50 metros lisos, e Diego tamén en 50 metros valos. Participaron tamén Sabela Ferrás e Laura Barbazán en 50 metros lisos e Manuela Raviña en lonxitude.

Nos campionato de lanzamentos participaron tamén Sara Castelo en disco Sub18, onde foi cuarta; Alfonso Labella, que foi quinto en xavelina e sétimo en martelo sub16; e Laura Barbazán que participou en martelo sub18. 

Ademáis, ssta pasada fin de semana o Club de Atletismo Millaraio  tivo actividade en tres frontes distintas: a final galega de campo a través, do programa Xogade de categorías escolares en Portas (Pontevedra), o campionato galego de lanzamentos longos na categoría sub20-23, en Pontevedra, e o campionato nacional de marcha por Federacións en Torrevieja.

O sábado, 15 de febreiro, pola mañá, Mateo Dagnac proclamouse subcampión galego de campo a través na categoría sub12, mentres que a atleta sub16, Valeria Batire Guridi, foi décimo quinta na categoría sub16.

O mesmo sábado pola tarde, no campionato de Galicia de lanzamentos longos sub20-23 e absoluto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, Torcuato Labella foi prata en lanzamento de xavelina Sub20, e bronce en martillo Sub20, e Antón Nogueira prata en lanzamento de disco Sub20.

Finalmente, o domingo 16 de febreiro, pola mañá, a marchadora Salomé Segade formou parte da selección galega sub16, que se proclamou subcampioa no XXXIV Campionato Nacional de Marcha por Federacións celebrado en Torrevieja (Alicante).

Comentarios
Lo más