O GES de Brión revisa o bo estado da rede de hidrantes e bocas de rego do municipio

O GES de Brión revisa o bo estado da rede de hidrantes e bocas de rego do municipio
O GES de Brión revisa o bo estado da rede de hidrantes e bocas de rego do municipio

Efectivos do GES de Brión levaron a cabo durante o pasado mes de xaneiro unha completa revisión da rede de hidrantes e bocas de rego do municipio, constatando o seu bo estado de conservación e mantemento.

 Unha revisión que, se ben chamou a atención dalgúns veciños e veciñas, non fixo máis que confirmar que estas tomas de auga están en boas condicións para proporcionar a auga suficiente para facer fronte a calquera lume.

Paralelamente a esta revisión, o GES de Brión realizou un total de 38 intervencións no primeiro mes de 2020. A maioría delas están relacionadas cos temporais sufridos a mediados de mes: 11 saídas por asolagamentos e 10 saídas por caídas de árbores. Así mesmo, acometeron 5 actuacións por accidentes de tráfico nos que, por sorte, só houbo que lamentar danos materiais.

Completan o resto de intervencións do mes de xaneiro 5 saídas relacionadas coa recollida de animais soltos, catro actuacións por lumes urbanos e outra máis por lume industrial, así como a tradicional colaboración coa cabalgata de Reis. 

Comentarios
Lo más