Día soleado, pero frío en Compostela

Día soleado, pero frío en Compostela
Día soleado, pero frío en Compostela

En Compostela as temperaturas oscilarán entre os 3 e os 12 graos

As altas presións comezarán a entrar en superficie, pero aínda con vento do oeste que achegará humidade. Unha situación que traerá unha xornada de ceos con nubes e claros sen desbotar algún chuvasco na metade norte, quedando mais despexados canto máis ao sur. Néboas matinais no interior. 

As temperaturas mínimas sufrirán un notable descenso, xeadas no interior, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.

Seguindo esa tónica, en Compostela baixarán moito as temperaturas mínima ata situarse nos tres graos o que enfriará considerablemente un día de nubes e claros sen chuvia e con sol. 

Comentarios
Lo más