Localizada a veciña de Miño que desaparecera tras deixar á súa filla no colexio

Localizada a veciña de Miño que desaparecera tras deixar á súa filla no colexio
Localizada a veciña de Miño que desaparecera tras deixar á súa filla no colexio

A veciña de Miño que desapareceu o luns tras deixar á súa filla no colexio, foi localizada por unha patrulla da Garda Civil de Betanzos, segundo informaron fontes da Benemérita.


En concreto, explicaron que apareceu "hai escasos minutos" nunha área de servizo. "Pasado a peaxe da AP-9, sentido Santiago", precisaron. Ao lugar, trasladouse tamén unha ambulancia.

Segundo confirmou o coronel Francisco Javier Jambrina, da Comandancia da Garda Civil na Coruña, a muller, "con antecedentes de problemas de depresión", xa non chegou ao seu posto de traballo este luns tras deixar á súa filla no centro escolar.

Sobre esta desaparición, indicou que se manexa a hipótese dunha "desaparición voluntaria" e confirmou que levou a cabo unha procura por "praias e lugares onde unha persoa depresiva puido acudir".

Comentarios