Apoio á creación dun centro de danza en Compostela

Apoio á creación dun centro de danza en Compostela
Apoio á creación dun centro de danza en Compostela

As concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Educación, Noa Díaz, reuníronse hoxe con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela. Durante o encontro, tranmitíronlle o apoio do goberno local de Santiago á posta en marcha dun conservatorio profesional de danza na cidade.



Noa Díaz sinalou que existe unha alta demanda desta disciplina, "hay preto de 1.700 persoas, a maioría menores, que están agora mesmo estudando danza en escolas privadas, e pensamos que a Xunta de Galicia debería considerar a implantación deste conservatorio profesional de danza en Santiago". Unha cidade, segundo sinalou a concelleira Mercedes Rosón, "capital de Galicia, cun forte peso cultural e que responde moi ben a todo o que ten que ver con esta disciplina artística".

Reunións con máis partidos

Tamén a portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín mantivo unha reunión con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela esta semana. Na xuntanza explicaron que están a organizar a presentación pública deste colectivo integrado por profesionais, alumnado, nais, pais e persoas afeccionadas ao baile que ven a necesidade de crear o Conservatorio Profesional de Danza en Compostela. Sinalan que hai unha gran demanda, como demostran os datos que están a compilar de academias e escolas da comarca para unir as súas reivindicacións.

Plataforma.danza



Informaron tamén de que están a recoller sinaturas para reclamarlle á Consellaría de Educación a creación deste centro en Compostela, xa que a súa posta en marcha suporá unha mellor vertebración da oferta formativa no país ao complementar os conservatorios existentes en Lugo na Coruña.

Comentarios
Lo más