A Festa da Filloa de Lestedo chega a Santiago

A Festa da Filloa de Lestedo chega a Santiago
A Festa da Filloa de Lestedo chega a Santiago

Dentro do programa da 37ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o 1 de marzo, a celebración chega a El Corte Inglés de Compostela 

Dende hoxe e ata o 29 unha filloeira elaborará de xeito tradicional as filloas de Lestedo na cafetería do Centro Comercial El  Corte Inglés. Esta actividade está enmarcada dentro da programación da festa gastronómica. 

Ademáis, dende o 24 de febreiro ata o día 29, desenvolveranse as V Xornadas Gastronómicas da Filloa en diferentes establecementos hostaleiros de Boqueixón, onde se ofrecerán innovadoras e creativas tapas con base na filloa e os máis innovadores recheos. Os establecemento participantes son: Bar- Restaurante "O Imprevisto", Restaurante "Vía da Prata", Casa de Xantar "Casa Castro", Cervexería "O Vikingo", Restaurante "Vente Vindo", Café Bar "O 26" e o Bar "O Tapeo".

Xa o día 1, o V Gran Desfile dos Xenerais do Ulla terá lugar ás 12:30 horas, os Xenerais, correos e soldados farán un percorrido para rematar no Campo da Festa, onde lles esperará  a actriz María Mera para presentar o pregón do xornalista de Radio Voz, Pablo Portabales. E como broche final á unha intensa mañá, Tania Veiras e O Recobio amenizará a sesión vermú.

Ás 17:30 presentaranse ós famosos Altos dos Xenerais da Ulla,  que mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor falarán de política e temas de actualidade. E xa a partir das 18:30 dará comezo a verbena a cargo das orquestras París de Noia e Gran Parada, que prolongarán as súas actuación ata as 00:00 horas da noite. 

Comentarios
Lo más