A Xunta anuncia en precampaña prazas para Educación e o concurso de novas casas niño

A Xunta anuncia en precampaña prazas para Educación e o  concurso de novas casas niño
A Xunta anuncia en precampaña prazas para Educación e o concurso de novas casas niño

A Xunta ponse as pilas na precampaña e anuncia diversas medidas

A oferta pública de emprego para educación que se celebrará este ano incluirá 2.354 prazas para case un centenar especialidades, entre as que destacan educación infantil e pedagoxía terapéutica, no caso do corpo de mestres, e matemáticas, orientación educativa, xeografía e historia e lingua galega e literatura para profesores de secundaria.

O documento que presentou este martes a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aos sindicatos na mesa sectorial do ramo abarca unha proposta de prazas para 97 especialidades diferentes. No corpo de mestres, con 747 prazas para oito especialidades, educación infantil e pedagoxía terapéutica contarán coa oferta máis importante, con 150 prazas cada unha.

Doutra banda, no caso do corpo de profesores de secundaria, haberá 1.041 prazas para 35 especialidades, cunha dotación que destacará particularmente en matemáticas (97 prazas), orientación educativa (55), xeografía e historia (52) e lingua galega e literatura (51).

O texto facilitado ás organizacións de profesorado non inclúe as prazas destinadas a catedráticos, unhas 1.300, ao tratarse dunha convocatoria que se sacará por separado. Esta oferta concreta levará a outra mesa sectorial que se convocará proximamente. 

Concurso de novas casas niño en 23 concellos

Doutra banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou este martes as instalacións das casas niño 'Areíña de Cores' en Dumbría (A Coruña), onde lembrou que o Diario Oficial de Galicia publica este martes o arranque do prazo para abrir novas casas niño nos 23 concellos que aínda non dispoñen dunha opción para conciliar.

Un anuncio que fai en plena precampaña electoral. Con esta convocatoria, destacou o Goberno galego, crearanse 115 novas prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos, que serán 100% gratuítas para todas as familias usuarias.

Durante a visita, Feijóo incidiu en que coa creación e apertura destes centros, os seus responsables pon de manifesto o compromiso para crear nos rural servizos inexistentes ou para lanzar proxectos de transformación que axuden a crear valor engadido.

Así mesmo, fixo fincapé na importancia de que as administracións públicas apoien ás persoas que dean este paso, proporcionando todas as facilidades posibles, co obxectivo de que todos os municipios de Galicia que non conten cunha escola infantil ou punto de atención á infancia, teñan un recurso de conciliación.

"Temos que seguir traballando desde todos os campos para dinamizar as zonas rurais", dixo o presidente, referíndose tamén a un sistema de mobilidade moderno e adaptado ao usuario, así como ao apoio a grandes e pequenos proxectos empresariais viables e con futuro. 

Comentarios
Lo más