O Club de Xubilados de Lousame organiza “Lousame en fotos”, unha exposición con máis de 100 fotografías antigas do municipio

O Club de Xubilados de Lousame organiza “Lousame en fotos”, unha exposición con máis de 100 fotografías antigas do municipio
O Club de Xubilados de Lousame organiza “Lousame en fotos”, unha exposición con máis de 100 fotografías antigas do municipio

A mostra poderá visitarse do 21 de febreiro ao 6 de marzo na Casa da Cultura

A asociación Club de Xubilados de Lousame organiza “Lousame en fotos”, unha exposición con máis dun cento de fotografías antigas do municipio achegadas por 23 socios e socias da entidade. Unha mostra que poderá ser visitarda na Casa da Cultura lousamiá, entre o 21 de febreiro e o 6 de marzo, e que recolle distintos tipos de imaxes de Lousame: aldeas, persoas, edificios, festas, romarías...

O presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto, explica que decidiron organizar esta mostra “co obxectivo de deixar constancia da memoria histórica, da vida e dos cambios que tiveron o concello de Lousame e os seus habitantes ao longo das últimas décadas”. A actividade conta coa colaboración do Concello de Lousame e está subvencionada pola Deputación da Coruña.

A mostra “Lousame en fotos” abrirá as súas portas á veciñanza este venres 21 de febreiro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura. Un presidido por Francisco Avelino García Nieto e ao que asistirán os 23 socios e socias do Club de Xubilados de Lousame; a alcaldesa Teresa Villaverde e a concelleira de Servizos Sociais e Cultura, Silvia Agrafojo. A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 6 de marzo.

Comentarios