O Pleno de Brión aproba un convenio de colaboración coa UNED da Coruña para a formar ao alumnado do centro de traballo colaborativo “Transformando en Brión”

Foi aprobado este mércores

O Pleno aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Brión, o centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) da Coruña e a asociación para o desenvolvemento rural e labrego Maisdetres para a formación do alumnado que queira acceder ás instalacións do centro de traballo colaborativo “Transformando en Brión”.

Trátase dunha iniciativa innovadora, pioneira en Galicia, xa que é o único espazo que ofrece servizos de transformación de produtos do sector primario aos pequenos produtores locais das comarcas de Santiago, Barbanza, Barcala, Sar e Ulla. Unhas instalacións inauguradas o pasado 13 de decembro, tras un investimento de 213.266 euros achegados pola Deputación da Coruña, a través da liña PEL-Emprende do Plan de Emprego Local (PEL), o Concello de Brión e o GDR Terras de Compostela.

Unhas instalacións nas que, a día de hoxe, hai máis de medio cento de persoas formándose para poder utilizar este centro colaborativo. Unha formación que, de acordo coa proposta que o alcalde José Luís García levará mañá ao Pleno, será liderada pola UNED da Coruña. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do Día:

Comentarios
Lo más