A Xunta convoca axudas por valor de 2,7 millóns de euros para realizar melloras nas pemes galegas

A Xunta convoca axudas por valor de 2,7 millóns de euros para realizar melloras nas pemes galegas
A Xunta convoca axudas por valor de 2,7 millóns de euros para realizar melloras nas pemes galegas

Deste xeito, búscase mellorar a competitividade das pemes e incrementar o mercado ao que se dirixen mediante a introdución de produtos e servizos, así como potenciar o investimento privado I+D en Galicia. Tamén se aspira a fomentar a transferencia de tecnoloxía e a apoiar a innovación aberta e colaborativa.

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a convocatoria das axudas Innova Peme 2020, no marco da que se destinarán 2,7 millóns de euros a apoiar a sistematización, a potenciación e o desenvolvemento da actividade innovadora de pequenas e medianas empresas (pemes).

Así o trasladou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, durante unha visita en Vigo á empresa de asistencia a persoas maiores en residencias O Lecer Sénior Care, beneficiaria da convocatoria de 2019, segundo recolleu nun comunicado a Consellería de Economía, Emprego e Industria nun comunicado.

Deste xeito, búscase mellorar a competitividade das pemes e incrementar o mercado ao que se dirixen mediante a introdución de produtos e servizos, así como potenciar o investimento privado I+D en Galicia. Tamén se aspira a fomentar a transferencia de tecnoloxía e a apoiar a innovación aberta e colaborativa.

En concreto, o programa InnovaPeme 2020, cofinanciado por Fondos Feder, apoiará un 50% do orzamento subvencionable das actuacións. Poderá oscilar entre 80.000 e 200.000 euros. As empresas poderán solicitar estas axudas ata o próximo 20 de abril ás 13:00 horas.

Os criterios de valoración para determinar os beneficiarios darán prioridade ás microempresas e ás compañías que non recibisen axudas para o I+D+i durante o tres últimos 3 anos. Ademais, só se valorarán os contratos a tempo completo cuxas retribucións correspondan ao grupo de cotización da titulación do empregado.

Nesta edición, incluíronse cláusulas sociais

, como a aposta pola innovación responsable e o compromiso social, e obrigacións relacionadas coa formación e a subministración de información na convocatoria. 

Comentarios
Lo más