Xoves anubrado en Compostela

Xoves anubrado en Compostela
Xoves anubrado en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 3 e os 13 graos en Compostela

O xoves unha fronte pouco activa entrará polo noroeste de Galicia co avance do día. Así, durante a mañá os ceos estarán pouco anubrados en xeral, con bancos de néboa no interior e nubes baixas na provincia da Coruña. Pola tarde aumentarán as nubes e rexistraranse algúns orballos no terzo norte da Comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento comezará o día do suroeste, virando a norte co avance da xornada e quedará do nordés á noite.

En Compostela, teremos ceos pouco anubrados ou despexados con momentos moi anubrados ou con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral ascenderán moderadamente a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más