A Galiciana acolleu a presentación dunha completa Festa do Queixo de Arzúa

A Galiciana acolleu a presentación dunha completa Festa do Queixo de Arzúa
A Galiciana acolleu a presentación dunha completa Festa do Queixo de Arzúa

A 45ª Festa do Queixo de Arzúa 2020 terá lugar do 28 de febreiro ao 1 de marzo 

A Galicia acolleu este xoves a presenta da 45ª edición da Festa do Queixo de Arzúa 2020. Durante a mesma o alcalde, José Luís García López, alabou o traballo feito para chegar a 45 edición. O edil fixo un resumo da evolución da festividade. O festival durará dous días, sábado 29 e domingo 1, e contará coas actuación de grupos como Novedades Carminha ou Luar na Lubre, entre outros.

FESTIVAL DO QUEIXO DE ARZUA 2020

Sábado 29 de febreiro de 2020

  • 21:30h. El Capitán Elefante.
  • 22.30h. Tequila.
  • 00:30h. Novedades Carminha.
  • 02:00h. Ladilla Rusa.

Domingo 1 de marzo de 2020

  • 12:30h. Mj Pérez.
  • 18:00h. Luar na Lubre
  • 19:30h. Baiuca.


Tal e como apuntou o alcalde, o 45 aniversario vai a marcar un antes e un despois na festa. "nos vindeiros anos iremos facendo cambios". En canto as novidades desta edicion destacou que é o ano con máis expositores, 78, dos que 55 son queixerías. A pregoeira de este ano será Benedicta Sánchez. 

Dende a denominación de orixe, destacaron o crecemente que se produciu durante 2019. 21 establecementos repartirán durante a feira petiscos con queixo. Ademáis de durante a presentación, na Galicia haberá durante todo o día unha degustación. 

Durante a feira haberá distintos obradoiros, moitos deles, dirixidos aos máis pequenos para que interactuen entre eles e co queixo. Haberá ademáis un photocall donde os cativos poderán sacar unha foto muxindo unha vaca. ´Así como tambén un torneo de xadrez. 

Multitude de activades para celebrar unha festa con tradición na que o queixo é o protagonista. 

Comentarios
Lo más