A biblioteca Ánxel Casal súmase á celebración do aniversario de Rosalía de Castro

A biblioteca Ánxel Casal súmase á celebración do aniversario de Rosalía de Castro
A biblioteca Ánxel Casal súmase á celebración do aniversario de Rosalía de Castro

Febreiro é o mes de Rosalía e a bliblioteca Ánxel Casal únese ás celebracións

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal súmase ás celebracións con motivo do 183º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e, no marco de Os sábados, choiva de contos, acolle o contacontos "Sabéndote Rosalía" que se realizará o sábado 22 de febreiro ás 12.00h no salón de actos. A actividade está a cargo de Lisístrata. 

Febreiro é sinónimo de Rosalía de Castro e será ela a que debullará a súa propia vida e obra, con poemas e cancións. Vida e obra contada en primeira persoa...mais ao xeito dun teatro infantil. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Ademais, o luns 24 de febreiro a partir das 17.00h na sala infantil haberá a actividade "Todas somos Rosalía" que estará a cargo de persoal da biblioteca. A proposta da Agrupación Astronómica da Coruña IO, Rosalía e o río Sar foron os vencedores da votación online da Unión Astronómica Internacional para elixir o nome dunha estrela e o seu planeta. Debuxarase e pintarase, faranse caretas chapas e collages coa súa estrela para celebrar a Rosalía de Castro no seu aniversario. Entrada libre.

Comentarios
Lo más