Constituída a comisión municipal de Peleteiro

Constituída a comisión municipal de Peleteiro
Constituída a comisión municipal de Peleteiro

Este venres quedou constituída a comisión municipal que abordará o desenvolvemento da parcela de Peleteiro

Nesta xuntanza, Gesvalt, a empresa á que o Concello encargou a realización dun estudo de posibles usos para o antigo centro educativo, presentou as súas conclusións.

Na reunión tamén se acordou convocar a diferentes técnicos/as municipais para a súa incorporación á Comisión, ao igual que a representantes de diferentes entidades da cidade. Fixouse para o 9 de marzo a próxima reunión, á cal se convidara a participar á propiedade.

Tras a comisión, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reiterou o obxectivo de ter lista canto antes a solución definitiva para o desenvolvemento deste ámbito, co obxectivo de levala, como moi tarde, ao pleno ordinario do próximo mes de abril. 

Comentarios