Os máis cativos disfrutan do entroido en Valga

Os máis cativos disfrutan do entroido en Valga
Os máis cativos disfrutan do entroido en Valga

Os máis pequerrechos do concello disfrazáronse de animais para recrear a Arca de Noé

As celebracións de Carnaval en Valga tiveron como epicentro onte pola tarde o Auditorio, con dúas citas xa habituais nos últimos anos: o festival da Escola Infantil Municipal e o obradoiro de caretas organizado pola biblioteca de Cordeiro.

Os rapaces máis pequerrechos do concello protagonizaron unha festa na que recrearon a Arca de Noé, disfrazándose de animais coma ovellas, crocodilos, monos, unicornios, gatos ou elefantes. Actuaron para as súas familias e, a continuación, todos desfrutaron dunha merenda a base de produtos típicos do Entroido.

Mentras, na biblioteca tivo lugar un obradoiro de elaboración de caretas. Os nenos participantes pintaron, recortaron e adornaron con purpurina e plumas as súas máscaras e antifaces.

Esta tarde, a partir das 20 horas, continúan as celebracións co concerto de Entroido da Escola Municipal de Música. Actuarán os alumnos de Música e Movemento, co mestre Tomás Rábanos á fronte. A entrada é de balde.

Comentarios
Lo más