O concurso de Entroido de Rois animou esta tarde as rúas

O concurso de Entroido de Rois animou esta tarde as rúas
O concurso de Entroido de Rois animou esta tarde as rúas

Participaron 32 persoas en categoría individual , 11 parellas-trios e 11 comparsas que optaban aos 1.850€ en premios

O entroido chegou a Rois esta tarde animando as súas rúa co concurso no que participaron máis de 50 personas nas distintas categorías para así optar asos 1.850 € en premios. 

As modalidades no concurso foron cinco: infantil individual ata 12 anos (con 30€ para o primeiro  clasificado, 25€ para o segundo e 20 para terceiro, cuarto e quinto, se ben nesta modalidade o importe do premio poderá corresponderse cun agasallo); individual de 12 anos ou máis (con tres premios de 40€, 35€ e 30€); parella ou trío (que levarán 60€, 40€ ou 30€ segundo a posición); comparsa/grupo de 4 a 12 membros, que pode ser de adultos (cun primeiro premio de 300€ e un segundo de 150€) ou infantil (con 200€ para o primeiro premio e 100€ para o segundo); e, por último, comparsa/grupo de 13 ou máis membros (que obterán 400€ de clasificarse en primeiro lugar, 200€ se quedan segundos e 150€ se finalizan terceiros).

A tribo dos Indios XXL, cos seus vistosos traxes, acabaron impoñéndose as avoas marchosas na categoría de comparsas de máis de 12 membros, mentres que a proposta da ‘Aldea modelo de Sanamede traballo e festa’ quedou en terceiro lugar. A petición para que coidemos os océanos que presentou “Debaixo do mar’ e ‘Pequena horta’ foron, por esta orde, os gañadores nas comparsas de categoría infantil de 4 a 12 membros, mentres que a recreación dos famosos Picapiedra ‘Yaba dabba doo’ cativaron máis ao xurado que os ‘Bombeiros de Rois’ na categoría de adultos. Once foron en total as comparsas que desfilaron no polideportivo dos Dices que que encheron as rúas de Rois dun vistoso colorido e moita música.

Nas categorías de trío e parellas, nas que tamén houbo 11 participantes, a particular representación da serie de debuxos animados ‘Esto es todo, amigos’ acabou impoñéndose a ‘Caca busca fogar’ e a ‘Material escolar’, que levaron o segundo e terceiro premio.

Como todos os anos, as categorías individuais, tanto infantil como adulto, foi a que contou con máis afluencia: 32 participantes en total. Entre os menores de 12 anos, os gañadores foron, por esta orde: Maléfica, Arlequina, Noé e a súa arca, Flautista que atrae aos animais e O Goya de Benedicta. Nos maiores de 12 anos, os premios foron para Bolso Chanel vermello, Boneca de corda e Pepapiedra.

A afluencia de participantes e público encheu o polideportivo dos Dices, no que as diferentes asociacións que hai en Rois, dende as ANPAs, ata veciñais, de mulleres, culturais ou deportivas, ofreceron aos asistentes produtos típicos do Entroido e, como non, tamén algo de comida sa. As persoas presentes puideron degustar dende chourizos ao viño, ata orellas, filloas, chocolate e ata espetadas de froita, que desapareceron mentres o xurado facía a súa deliberación.


E tras a entrega de premios, o dúo Calú animou coa súa música unha festa facendo que algunhas das persoas asistentes se puxeran a bailar.

Comentarios
Lo más