Xuntanza en Raxoi coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela

Xuntanza en Raxoi coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela
Xuntanza en Raxoi coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este luns cunha delegación da Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela), encabezada polo seu presidente, José Balboa.

Sarela vén colaborando dende hai anos co Concello e é unha das entidades sociais da cidade que recibe unha subvención municipal anual para as súas actividades. Ten a súa sede no Castiñeiriño, nunha parcela cedida no seu día polo Concello.

Entre outros asuntos, na xuntanza abordouse a situación urbanística da sede de Sarela e conversouse sobre o 20º aniversario da Asociación, que se celebra en decembro deste ano 2020. 

Comentarios
Lo más