As obras do AVE a Galicia cóbranse un novo ferido

As obras do AVE a Galicia cóbranse un novo ferido
As obras do AVE a Galicia cóbranse un novo ferido

Un operario resultou ferido sobre as 12,30 horas deste luns ao envorcar a carreta que manexaba nas obras do AVE no municipio Laza (Ourense).

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron no túnel do Corno, na saída cara a Madrid. Tras o aviso dun particular, solicitouse a intervención do 061, a Garda Civil e o GES de Laza.

As obras da chegada da alta velocidade a Galicia acumulan varios falecidos e feridos nos últimos anos, con protestas sindicais pola sinistralidade.

Comentarios
Lo más