O PP pídelle ao Goberno de Bugallo que estableza unha reserva de aparcamento express que dea servizo á Escola Infantil Rubido Romero

O PP pídelle ao Goberno de Bugallo que estableza unha reserva de aparcamento express que dea servizo á Escola Infantil Rubido Romero
O PP pídelle ao Goberno de Bugallo que estableza unha reserva de aparcamento express que dea servizo á Escola Infantil Rubido Romero

Para os Populares, o Goberno local debe mostrar unha certa sensibilidade e proceder a reconsiderar a negativa do pasado mes de decembro e reserve, con límite temporal, un espazo de aparcamento para que as familias podan deixar ou recoller ás crianzas que acoden ao citado centro escolar

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, presentará no vindeiro Pleno ordinario deste xoves un rogo no que lle solicita ao Goberno de Sánchez Bugallo que se estableza unha reserva de aparcamento rápido, que dea servizo á Escola Infantil Rubido Romero.

Para os Populares, o Goberno local debe mostrar unha certa sensibilidade e proceder a reconsiderar a decisión tomada o pasado mes de decembro de 2019 e reserve, co correspondente límite temporal, un espazo de aparcamento a fin de que as familias poidan deixar ou recoller ás crianzas que acoden ao citado centro escolar.

Recentemente, negóuselle a esta Escola Infantil a reserva de aparcamento, que só estaría destinado a deixar e recoller aos cativos que acoden á citada escola. Os argumentos aducidos polo Goberno municipal parecen pretextos pouco sostibles e difíciles de compartir.

O Grupo Popular considera que a dita reserva non prexudicaría en modo ningún á fluidez do tráfico máis do que afecta o réxime ordinario de estacionamento, nin tería por que afectar á seguridade. Ademais, son varios os centros de ensino ou as escolas infantís que dispoñen dun espazo acoutado para que nais e pais podan facer una parada express.

Comentarios
Lo más