Os máis pequenos, protagonistas do “Martes de Entroido” en Ordes

Os máis pequenos, protagonistas do  “Martes de Entroido” en Ordes
Os máis pequenos, protagonistas do “Martes de Entroido” en Ordes

No día de onte tivo lugar no pavillón Campomaior o tradicional “Martes de Entroido” no que o protagonismo e a diversión foron para os máis pequenos e pequenas da casa.

Un abarrotado polideportivo Campomaior foi testemuña dunha gran tarde de entroidada na que nenos e nenas do noso municipio pasaron unha tarde de diversión e ledicia dando comezo aos actos do Entroido organizado polo Concello de Ordes. No pavillón non faltaron inchables, obradoiros, animación, xogos, e ata a visita dalgún que outro personaxe famoso como Peppa Pig e Olaf.

Agora o Concello de Ordes comeza a ultimar os preparativos para o “Sábado de Piñata”, que terá lugar o vindeiro sábado 29 e no que o  tradicional concurso de disfraces, no que se repartirán máis de 4400 € en premios, porá remate ao Entroido 2020.

Un ano máis o concurso de disfraces conta co patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro.

Comentarios