Sete establecementos hostaleiros ofrecen a súa mellor versión da filloa de Lestedo nas V Xornadas Gastronómicas

Sete establecementos hostaleiros ofrecen a súa mellor versión da filloa de Lestedo nas V Xornadas Gastronómicas
Sete establecementos hostaleiros ofrecen a súa mellor versión da filloa de Lestedo nas V Xornadas Gastronómicas

A Festa da Filloa prolonga cada vez máis a súa celebración con numerosas actividades ligadas á degustación do produto estrela do Entroido


Boqueixón segue inmerso na celebración da Festa da Filloa de Lestedo, unha festividade declarada de interese turístico de Galicia, e que cada ano vai en aumento, non só polo número de asistentes, senón tamén polas actividades que se organizan en torno a este festexo. O luns 24 de febreiro arrancaron as Xornadas Gastronómicas da Filloa en sete locais de Boqueixón. Como cada ano, os consumidores que visiten os locais participantes poderán degustar por un prezo de 2 euros exquisitas tapas elaboradas coa filloa como protagonista.

Os establecementos que participan son: Bar-Restaurante “O Imprevisto”, restaurante “Vente vindo”, café-bar “O 26”, cervexería “O Vikingo”, restaurante “Vía da prata”, Casa de Xantar “Casa Castro” e taberna “O tapeo”. As tapas que elaborarán son unha filloa de grelos con mar caramelizado e filloa de café irlandés no  Bar-Restaurante Imprevisto, a Filloa do 26” no Café-bar O´26, a “Entroidada”, o “Revolto na pantalla” e “atranque de chicharrón no Restaurante Vente Vindo, “bocados a carón do lume” na cervexería O Vikingo, “Filloa namorada” e “Filloa croculloa” no Restaurante Vía da Prata, “Filloa da avoa” e “Filloa o tapeo” en Taberna O Tapeo, e “Filloa rechea” na Casa Castro.

As xornadas desenvolveranse ata o 29 de febreiro en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:30 horas.

Comentarios
Lo más