As pernoctacións nos hoteis de Santiago subiron un 20% no mes de xaneiro

As pernoctacións nos hoteis de Santiago subiron un 20% no mes de xaneiro
As pernoctacións nos hoteis de Santiago subiron un 20% no mes de xaneiro

O pasado xaneiro marcou un novo récord nas pernoctacións rexistradas nos hoteis, hostais e pensións de Santiago no primeiro mes do ano. Xaneiro pechouse con 62.288, segundo os datos do INE. É a primeira vez que se superan as 60.000 pernoctacións neste mes. Conseguiuse superar esta cifra grazas a un crecemento do 20,87% respecto a xaneiro do 2019.

Os datos de xaneiro confirman a clara tendencia cara a desestacionalización da demanda que está vivindo a cidade. No pasado mes de decembro, o crecemento fora do 15,31%, alcanzado practicamente as 80.000 pernoctacións no último mes do ano.

O crecemento do mes de xaneiro apoiouse en crecementos importantes tanto do turismo doméstico coma do turismo internacional. O turismo doméstico sumou 46.484 pernoctacións, un 20,43% máis que en xaneiro do ano pasado, nunha clara mostra da recuperación do mercado español cara Santiago.

Pola súa banda, o turismo internacional sumou 15.804 pernoctacións en xaneiro, un 22,16% máis. É a primeira vez que os establecementos hoteleiros da cidade superan as 15.000 pernoctacións de turistas estranxeiros no primeiro mes do ano.

Como referencia, no Ano Santo 2010 a cidade sumou 51.749 pernoctacións en xaneiro. Os turistas internacionais apenas sumaran 8.261 naquel mes, fronte a 43.488 de turistas españois.

Desde xeito, neste período estase consolidando unha das grandes liñas estratéxicas de Turismo de Santiago, que é incrementar as pernoctacións na temporada baixa, de novembro a marzo, apoiándose nun crecemento sostible que incremente a diversidade de procedencias á cidade. 
Comentarios
Lo más