Día anubrado en Compostela

Día anubrado en Compostela
Día anubrado en Compostela

As temperaturas en Compostela oscilarán entre os 9 e os 14 graos

Galicia continuará nesta xornada entre altas e baixas presións, con ventos do suroeste que achegarán humidade. Deste xeito os ceos estarán moi anubrados en Pontevedra e sur da Coruña, onde se rexistrarán algúns orballos durante a mañá; no resto da Comunidade tenderán a abrirse grandes claros co avance do día. 

As temperaturas ascenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán moderados do suroeste, con intervalos fortes no litoral norte.

En Compostela, a pesar de que os ceos permanecerán anubrados durante todo o día, en principio non se esperan chuvias de intensidad aínda que haberá en torno a un 40% de probabilidade de que poida caer algo de auga.  As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios.

Comentarios