Apertura do proceso de admisión para o próximo curso nas escolas infantís municipais das Fontiñas, Conxo e Meixonfrío-Salgueiriños

O luns 2 de marzo abrirase o procedemento de admisión nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2020-2021.

Establécese un prazo de reserva de prazas e traslado do alumnado actual e dos/das traballadores das EIM que vai do 2 ao 11 de marzo. As listas provisionais de reservas e prazas vacantes exporanse ao público o 16 de marzo, abríndose ao día seguinte, 17 de marzo, e ata o 17 de abril, o prazo de admisión de solicitudes de novo ingreso.

A lista provisional de admitidos/as e de agarda publicarase entre o 4 e o 12 de maio. Tras o prazo de 10 días para reclamacións, publicaranse as listas definitivas (entre o 27 de maio e o 29 de maio). O período de matrícula para todo o alumnado estará comprendido entre o 1 e o 15 de xuño 

Comentarios
Lo más