Máis de 300 persoas acompañarás aos avogados de Santiago na súa festa

Máis de 300 persoas acompañarás aos avogados de Santiago na súa festa
Máis de 300 persoas acompañarás aos avogados de Santiago na súa festa

O Colexio de Avogados de Santiago celebra hoxe, venres 28 de febreiro, a festividade de San Raimundo de Peñafort, cun programa de actos aos que asistirán máis de 300 persoas e numerosas autoridades locais e autonómicas dos ámbitos xurídico, político e civil.


Asistirán ao acto a presidenta do Consello Xeral da Avogacía Española, Victoria Ortega; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde; o director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, entre outras autoridades.

O programa comezará ás seis da tarde cunha misa na Igrexa de Santa Maria Salomé en recordo dos compañeiros falecidos, para dar paso ao acto solemne no salón nobre de Fonseca (19:00 horas).

César Rúa Martínez e José Carlos García Cumplido, que deixaron o mes pasado a xunta de goberno do colexio despois de moitos anos de dedicación, recibirán medallas de Ouro na categoría de Avogados.

Leonor Castro Calvo (a título póstumo), ex maxistrada da Sección 6ª da Audiencia Provincial da Coruña, e Xurxo Melchor Carrera, xornalista, son este ano as medallas de Ouro na categoría de Non Avogados.

Por último, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela recibirá o XI Premio Dereitos Humanos do colexio. Tamén haberá unha entrega de diplomas aos letrados e letradas que cumpren 25 anos de exercicio profesional e unha xura ou promesa de novos letrados e letradas. A xornada pecharase cunha cea de confraternización no Gran Hotel Os Abetos. 

Comentarios
Lo más