Unha trintena de maiores participaron na Festa de Entroido do Programa Activa-Mente

Unha trintena de maiores participaron na Festa de Entroido do Programa Activa-Mente
Unha trintena de maiores participaron na Festa de Entroido do Programa Activa-Mente

Á festa tamén asistiu a alcaldesa de Lousame

Unha trintena de maiores que participa no Programa Activa-Mente do Concello de Lousame celebrou na tarde do mércores a súa tradicional Festa de Entroido, que tivo lugar nas instalacións do Club de Xubilados en Aldeagrande. Unha festa á que asistiron a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo Filgueira.

As veciñas lousamiás desfrutaron dunha tarde de festa na que degustaron roscas, biscoitos e outras larpeiradas cociñadas por elas mesmas, todo xunto a unha gran chocolatada. Algunhas delas mesmo se animaron a asistir disfrazadas. Para rematar, xogaron ao bingo de baralla, un xogo que lles require de atención e concentración, capacidades que adestran cada semana no programa Activa-Mente. Así, case que todas elas recibiron un agasallo, consistente en produtos típicos do Entroido (lacóns, grelos, chourizos...) como de Lousame (mel, licores...).

Comentarios