Asínase o convenio coa Axencia Galega de Infraestruturas para mellorar o firme da avenida da Maía

Asínase o convenio coa Axencia Galega de Infraestruturas para mellorar o firme da avenida da Maía
Asínase o convenio coa Axencia Galega de Infraestruturas para mellorar o firme da avenida da Maía

O alcalde de Ames, José Miñones, e maila conselleira e presidenta da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, veñen de asinar o convenio de colaboración para mellorar o firme da avenida da Maía, en Bertamiráns, no treito entre a glorieta da autovía AG-56, no punto quilométrico 6+250, e o límite municipal con Brión, no punto quilométrico 8+390. Os traballos de mellora consistirán na reparación de brandóns e roturas, tratamento superficial e o repintando das marcas viarias aproximadamente nuns 2.140 metros de lonxitude.

O Concello de Ames e maila Axencia Galega de Infraestruturas acaban de asinar un convenio de colaboración para mellorar o firme da avenida da Maía e para transferir esta vía urbana ao Concello de Ames. Deste xeito, a Xunta de Galicia financiará con 140.101,75 euros a mellora do firme do tramo da estrada AC-543, no treito entre a glorieta da autovía AG-56, no punto quilométrico 6+250, e o límite municipal con Brión, no punto quilométrico 8+390. Este convenio está ligado ao orzamento da Xunta de 2020. Este convenio foi previamente aprobado por unanimidade pola Corporación municipal no pleno ordinario de decembro de 2019.

O alcalde de Ames, José Miñones, sinalou que “o obxectivo deste goberno é acadar unha humanización do noso entorno urbano e a transferencia da avenida da Maía vai permitir comezar a traballar neste proxecto ambicioso, que permita priorizar o tránsito peonil sobre o do vehículo nunha transformación de anos”. O goberno municipal informa que o proceso de licitación desta obra será realizado polo departamento de Contratación do Concello de Ames.

Dito proxecto está dividido en dúas partes: a primeira abarca a mellora do firme dende a glorieta da autovía AG-56 ata o centro de Bertamiráns (73.000 euros) e o segundo dende o centro de Bertamiráns ata o límite municipal con Brión (68.000 euros). Esta vía precisa dunha mellora no firme da estrada que consiste na reparación de blandóns e roturas, tratamento superficial e o repintado das marcas viarias aproximadamente nuns 2.140 metros de lonxitude.

Este acordo chega despois de máis de dous anos de negociacións. Ditas negociación comezaron en maio de 2017 e finalizan agora con este acordo que permitirá que o tramo da estrada AC-543, na travesía da Avenida da Maía, no treito entre a glorieta da autovía AG-56, no punto quilométrico 6+250, e o límite municipal con Brión, no punto quilométrico 8+390, pase a ser de titularidade municipal.

Isto permitirá que o Concello poida executar as obras de humanización da contorna da praza do Concello, incluídas na EDUSI, que tamén afectan a unha parte da avenida da Maía, sen ter que solicitar permisos á Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más